A provincia alcanza os 850 casos activos e 10 persoas na UCI

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras rexistra hoxe 850 (51+) casos activos de coronavirus; deles, 82 (8+) están ingresados, 10 (1+) están na UCI. Na maior parte trátase de brotes familiares, a maioría con idades entre os 35-45 anos, algún menor, e preocupantemente, os abós.

GALICIA REXISTRA MÁIS ALTAS CA NOVOS CASOS POSITIVOS, SITUÁNDOSE NOS 4.203

AVANTAR ACTIVIDADES

Na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.203 (-56).

Do total de pacientes positivos, 36 (+3) están en UCI, 204 (+4) en unidades de hospitalización. Rexistrándose 749 (2+) falecementos.

COMARCA DO RIBEIRO

Onte, Ribadavia rexistraba unha suba no brote familiar de 7 persoas. Hoxe ascende a 9 persoas ca detección de dous menores. O número total de casos activos de coronavirus neste municipio ascende xa a 21.

O CARBALLIÑO

Onte rexistrábase un brote familiar de tres persoas: un home de 53 anos, unha muller de 46 e un menor. Hoxe súmase unha persoa máis a este brote, unha muller de 48 anos.

Ademais, a ANPA do CEIP Calvo Sotelo informaba dun caso positivo nun rapaz de 5º curso. Oito nenos e nenas do grupo están en corentena. As familias afectadas xa están avisadas e á espera de que sanidade se poña en contacto con elas. Non hai ningunha liña de autobús afectada e a aula seguirá en funcionamento.