“O Son do Ar”, unha alfaia de calma, emocións e creatividade no Punto de Atención Infantil de Sandiás na Semana das Letras Galegas

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Punto de Atención Infantil de Sandiás celebrou o Día das Letras Galegas cunha actividade moi especial que conquistou aos máis pequenos e ás súas familias. O concerto de violín e violonchelo “O Son do Ar” converteuse nunha auténtica alfaia de calma, emocións e creatividade, creando un ambiente máxico no que a música foi a gran protagonista.

Os nenos e nenas de 0 a 2 anos gozaron dunha experiencia sensorial única, deixando que as melodías enchesen o espazo de tranquilidade, curiosidade e alegría. A delicadeza das interpretacións permitiu aos cativos achegarse á música dun xeito próximo e emotivo, observando os instrumentos de preto e mesmo tendo a oportunidade de tocalos e experimentalos coas súas propias mans.

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A celebración completouse cun obradoiro artístico, no que os pequenos deixaron voar a súa imaxinación pintando violíns libremente, enchendo cada creación de cor, ilusión e creatividade. Unha actividade enriquecedora que uniu arte, música e cultura galega nunha xornada inesquecible para toda a comunidade educativa.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


Dende o centro quixeron agradecer especialmente a colaboración de Pili e Marosi, da Orquestina Antela, por compartir cos máis cativos unha experiencia tan fermosa e chea de sensibilidade.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------