Castrelo de Miño: Convocatoria para a selección de cinco traballadores

Convocatoria para a selección de cinco traballadores para a brigada de prevención e defensa contra incendios forestais do Concello de Castrelo de Miño (Ourense)

Convocatoria para a contratación laboral que se indica:

AVANTAR ACTIVIDADES

1. Número de prazas: cinco (Convenio de colaboración coa Consellería de Medio Rural)

2. Un xefe de brigada de prevención e defensa contra incendios forestais.

3. Un peón condutor de brigada de prevención e defensa contra incendios forestais.

4. Tres peóns de brigada de prevención e defensa contra incendios forestais.

5. Modalidade de contratación: contratación laboral temporal para obra ou servizo determinado.

6. Xornada: completa

7. Sistema de selección: concurso-oposición

8. Duración do contrato: 3 meses.

9. Prazo e lugar para a presentación de solicitudes: 5 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP de Ourense, no rexistro xeral do Concello de Castrelo de Miño, en horario de 08:30 a 14:30 horas; na sede electrónica do concello ou a través de calquera dos medios que prevé a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común.

Se o día en que finalice o prazo de presentación de instancias fose sábado ou día inhábil o prazo finalizará o primeiro día hábil seguinte.

10. O texto íntegro das bases da convocatoria está publicado integramente no taboleiro de anuncios da sede electrónica do concello https://castrelo.sedelectronica.gal