O comercio ambulante reclama na rúa poder traballar e axudas directas ó sector

A Plataforma Galega do Comercio Ambulante reuniu esta mañá en Santiago a representantes do sector para manifestarse polos eu dereito a traballar. Entre os lemas que poñen por diante están que non se rexistrou ningún brote en mercados ó aire libre, a suspensión das feiras 24 horas antes e o cobro de taxas pese a non haber actividade ou a falla de involucración dos concellos ca súa problemática.

Recordamos que o inicio desta loita foi que a Valedora do Pobo comprometeuse a estudar o caso do incumprimento do D.O.G. por parte de 90 Concellos que tomaron a decisión de suspender a feira/mercado, estando autorizadas por Sanidade.

AVANTAR ACTIVIDADES

Entre os concellos da nosa contorna que aseguran que non cumpren ca normativa está O Carballiño, Castrelo de Miño e Cortegada. Pola contra, os que afirman que sí cumpren co DOG son Avión, Carballeda de Avia, San Cristovo de Cea, Ribadavia, Maside e Piñor.