O concelleiro de Deportes, Rafael Castro, acompañado da concelleira de Benestar Social, Lorena Castro, presentaron o programa do Verán Deportivo, que recuperará as competicións na Pista Roxa.
Así, do 15 ao 19 de Xullo desenvolverase o campionato de Fútbol Sala; do 22 ao 24 de Xullo o de Baloncesto, e entre o 29 e 0o 31 de Xullo o de Balonmán.
Todas as actividades son gratuítas. Para o Verán Deportivo na Pista Roxa será necesaria a inscrición dos equipos, que se abre dende hoxe no Concello.
Como novidade, Castro anunciou que se organizarán actividades deportivas, en colaboración co ximnasio Korpore, que se realizarán en diferentes escenarios da vila ao aire libre, como Zumba, Ioga, Aquagym, Pilates e Circuíto Hit.