Esta vindeira semana temos no barrio de Flores do Carballiño unha nova edición de Flores de cine, que serán os días 16, 17 e 18 de xullo en horario de 22:30 horas. Este ano temos tres magníficas películas.
Onte comezaron coa francesa Passages e hoxe mércores día 17 teremos Nubes pasajeras, filme dirixido por Aki Kaurismaki no ano 1996, e que foi un dos seus grandes éxitos intenacionais. Unha comedia dramática ambientada no mundo laboral e a precariedade na que o mestre finlandés amosa todas as esencias do seu cine. Historia dunha parella (Ilona e Lauri) cuxa relación e dignidade son probadas polos duros golpes da vida. A parella non adoita correr riscos e vive nun modesto piso de aluguer. Pero Ilona (Kati Outinen) perde o seu traballo de camareira no restaurante Dubrovnik de Helsinki. Por se isto fose pouco, acaba decatándose de que Lauri (Kari Väänänen) foi despedida desde hai un mes do seu traballo como condutor de tranvía.