O Club Deportivo Arenteiro comezou onte a pretemporada, coa primeira sesión de adestramento con todo o equipo completo. Raúl Jardiel, o novo adestrador, liderou esta primeira sesión, na que xa puidemos ver as novas caras do plantel como Nacho Ramón, Iván Muñoz, David Ferreiro, Mangel Prendes, Darío Ramos e Joao Días. As últimas renovacións foron a de Adrián Cruz e Tiago, que se suman aos que xa estaban confirmados semanas atrás. O compoñente humano está en marcha, nunha plantilla que para Jadiel é de garantías.
Para o novo adestrador e o seu equipo técnico, este novo proxecto que da comezo é moi ilusionante, e veñen co obxectivo de que o once carballiñés siga dando pasos como o fixo ata o de agora. O primeiro encontro nos que os veremos en funcionamento será o 26 de xullo, no 1º Trofeo La Galiciana, fronte ao Compostela. Polo de agora, estes primeiros partidos serán amistosos para ir collendo ritmo, aínda sen dedisión con respecto á Copa Federación.