Santa Uxía de Lobás celebrou o día grande da súa romaría na honra de Santa María Madanela

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

A parroquia de Santa Uxía de Lobás, no municipio do Carballiño, celebrou onte ( 22 ) o día grande da Romaría na honra de Santa María Madanela. Centos de devotos do Carballiño e comarca acoden cada ano á Carballeira da Madanela para asistir ós cultos relixosos que se inician ás 10,00 horas, culminando a las 13:00 horas cunha misa solemne e procesión acompañada por un grupo de gaitas, e tamén para desfrutar dunha xornada campestre, da boa gastronomía e da música de charangas. O xantar do país estivo amenizado polos gaiteiros Redegaitas.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Son moitos os devotos que cumpren cada ano con esta romaría, non so polo relixioso, se non tamén pola tradición de xantar nesta carballeira, en familia e entre amigos. Unha tradición que volve a estar en auxe, despois de varios mermada pola pandemia.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------