A ANPA Escola Activa do CEIP Calvo Sotelo organiza este sábado 30 de maio unha nova sesión de “Bicheando”, un programa de observación de fauna dirixido ao público infantil e familiar. A actividade, centrada nesta ocasión no fascinante mundo dos insectos, desenvolverase no Parque Municipal do Carballiño entre as 11,00 e as 13,30 horas, con saída dende O Pote, e está recomendada para nenas e nenos de entre 7 e 12 anos.
A xornada estará guiada por Fernando Fernández (@fer_rebel0), de Sustinea, quen acompañará ás participantes nun percorrido para descubrir a biodiversidade máis pequena e sorprendente da contorna, aprendendo a observar a natureza con curiosidade e respecto. “Bicheando” busca fomentar entre a rapazada o contacto co medio natural, a educación ambiental e o interese pola fauna local a través de actividades dinámicas e participativas.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
A actividade é gratuíta, aínda que require inscrición previa debido ás prazas limitadas. Desde a ANPA Escola Activa destacan a importancia de crear espazos de aprendizaxe ao aire libre e experiencias que conecten á infancia coa natureza e co coñecemento do territorio.

















