O concello do Carballiño optará a unha subvención para mellorar a Praza de Abastos

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O comercio local será outra das prioridades do novo goberno do concello do Carballiño. A concelleira de comercio e emprego, Diana González, comezou xa mantendo encontros coa xerente do CCA, Noelia Mares, para analizar a situación e o calendario de actividades deste ano. A maiores, traballan na posibilidade de facer algún outro evento novo co que traballar na dinamización.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Por outra banda, un tema que é prioritario é o impulso da Praza de Abastos. O obxectivo final posto por este goberno é conseguir o selo de Mercado Excelente de Galicia que outorga a Xunta. Para chegar a el, precisan abordar diferentes puntos. Entre eles, acolleranse a unha liña de axudas baixo o nome de “Prazas de Excelencia”. Os proxectos nos que se investirá estarán sostidos por unha diagnose concreta do mercado, encamiñando a liñas a seguir para mellorar a situación da praza. Consideran este un paso esencial para que as melloras que se implementan sexan acertadas en canto ás necesidades.