O equipo Duarte-Alfaro de Arenteiro Clásicos faise co triunfo no “III Rallye Vila de Sarria”

Foto: Fernando Crespo
----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O equipo formado por Luciano Duarte e Begoña Alfaro, da escudería Arenteiro Clásicos do Carballiño, levouse a vitoria no “III Rallye Vila de Sarria”, que se desenvolveu a pasada fin de semana nesta localidade luguesa. Pero esta non foi a única alegría do evento para os integrantes do club carballiñés, xa que no terceiro caixón do podio situáronse Ana Alfaro e Paco Álvarez, pilotando un VW Golf.

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Pero aínda dentro do ‘top ten’ da clasificación da terceira edición da competición de Sarria, tamén podemos atopar no sexto posto de Daniel Crespo, aos mandos dun BMW E21, acompañado nesta ocasión por Santiago Ruibal. Un pouco máis abaixo, José Manuel Mosquera e José Manuel Ferreiro lograron a 12ª posición co Audi 80 Gt, xa visto na ‘Clásica Alfaro’ a semana pasada coa parella composta por Carmen Mosquera e Jorge González.

Asemade, a 13ª posición foi para o dúo Conchi Cibeira-Lucas Guzmán, con Opel Kadett Gsi, mentres que o vixésimo posto foi para os irmáns Mais co bonito Ford Escort Mkll, e no posto 47, a parella Luis Janeiro-Aitor Dacasa non tiveron demasiada fortuna no regreso aos rallyes de regularidade co seu bonito Mini.

Dende a escudería Arenteiro Clásicos salientan que “esta foi unha terceira edición dun rallye espectacular en tódolos sentidos, impecablemente organizado por Club Clásicos Sarria”. E lembran que a súa próxima cita será no “Rallye de Ourense Clásico”.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------