O subdelegado do Goberno en Ourense reúnese con representantes de Aeva e Apetamcor para tratar cuestións de seguridade nas zonas industriais de Valdeorras

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

  • a posibilidade de instalar cámaras nos aparcamentos de camións da comarca, que realizarán un labor disuasorio e axudarán á Garda Civil no esclarecemento delitos, no caso de producirse

O Barco de Valdeorras, 6 de setembro de 2024. – O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, reuniuse esta mañá con Araceli Fernández e Teresa García, presidenta e xerente, respectivamente, da Asociación Empresarial de Valdeorras (Aeva); así como con Javier Adolfo González e Myriam Otero, presidente e secretaria xeral da empresa Apetamcor, para tratar en conxunto cuestións de seguridade en relación á zona industrial valdeorresa.

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Os asistentes achegáronlle ao subdelegado a necesidade da creación de aparcamentos seguros e de maior vixilancia na zona, debido aos continuos furtos de material e ferramentas que están a sufrir en vehículos e instalacións das zonas industriais valdeorresas. Ademais, tamén lle propuxeron a creación de áreas de descanso nas rutas habituais de circulación de camións a nivel nacional.

Pola súa banda, Eladio Santos fixo referencia aos datos achegados pola Comandancia da Garda Civil, “que amosan pequenos roubos de gasóleo e ferramentas nas zonas dos polígonos industriais e canteiras de Valdeorras. Reflexan unha cantidade a ter en conta, pero que non é significativa comparada cos delitos contra o patrimonio”, explicou, co fin de transmitir tranquilidade ao sector.

Tamén lembrou as tres operacións policiais que a Garda Civil realizou con éxito en relación a esta problemática. “Unha, que tivo lugar de marzo a maio, levou á detención dunha persoa que roubaba gasóleo nos camións da comarca; outra, na zona de Valdeorras-Bierzo, rematou con varios detidos que roubaban ferramentas e material nas zonas industriais e, por último, desmantelouse unha rede internacional que roubaba cabezas tractoras”.

No tocante a posibles solucións, valorouse como unha interesante medida a posibilidade de instalar cámaras de seguridade nas zonas de aparcamento de camións na comarca de Valdeorras, así como noutras zonas da provincia. “Isto causará un efecto disuasorio nos delincuentes e axudará á Garda Civil na captura dos mesmos”, explicou o subdelegado.

A rexión valdeorresa, pola súa situación estratéxica, é un punto chave de tránsito de mercadorías, o que pon en evidencia a necesidade de medidas específicas para a zona, como as comentadas nesta reunión.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------