Espazo Común acusa de “caciqueo e desestre” ó goberno local sobre as entradas da Festa do Pulpo

IES CHAMOSO LAMAS

A formación de Espazo Común manifestou a través dunha nota de prensa o seu malestar con respecto á concesión de entradas para o xantar do recinto da Festa do Pulpo. Este é o comunicado emitido pola formación:

A declaración de interese turísitico internacional da Festa do Pulpo do Carballiño ou o feito de que este ano se celebre a súa 60 edición non semellan ser motivos suficientes para que o goberno municipal tente facer as cousas cun mínimo de seriedade e transparencia.

OZOCOgz Deseño Galego

Son moitos os cidadáns molestos, especialmente asiduos de fóra do Carballiño, co sistema de venda das entradas do tradicional recinto na festa senlleira da nosa vila.  O número dispoñible para os interesados baixa das 800-900 de anos pasados a só 400. E por riba, serán repartidas a quen chegue primeiro a un lugar e unha hora aínda non determinados, suprimindo así a posibilidade de reserva. Un sistema a todas luces, arcaíco, pouco xusto e indigno dun evento deste calibre que impide que xente habitual da festa de fóra do Carballiño (inmigrantes, turistas…) teña opción algunha de adquirir entradas.

A intención de facilitarllas a quen consideren os membros do goberno de Fumega é máis ca obvia.

Semella que non teñen suficiente con repartir a dedo outras 400 entre “compromisos” institucionais e patrocinadores.

Así, noutro feito sen precedentes, a metade das entradas para o recinto serán invitacións agasalladas polo capricho dos concelleiros gobernantes.

A Festa do Pulpo non merece este tipo de actuacións e dende Espazo Común exiximos que a venda de entradas se faga con transparencia e un uso claro dos recursos públicos, posibiltando que calquera que o desexe teña acceso a elas. E, sobre todo, que non se enlixe a imaxe da nosa festa con cacicadas e corruptelas.