A asociación de fotógrafos O Potiños organiza un ano máis o ‘Arenteiro Fotográfico’, un evento que se desenvolve tradicionalmente no Carballiño coincidindo coas datas do outono e cun amplo programa de actividades. O salón de actos da Casa do Concello acolleu hoxe a presentación desta nova edición, coa asistencia do alcalde, Francisco Fumega, e o presidente do colectivo, Manuel Blanco. Éste agradeceu a colaboración do Concello, do Centro Comercial Aberto e dos propietarios do local ubicado no nº 26 da rúa Evaristo Vaamonde, que permite á organización a montaxe das diversas exposicións.
Fumega destacou o traballo que leva a cabo a asociación.
Será precisamente este local o que acolla o acto de inauguración deste ‘Arenteiro Fotográfico’, que se adianta ao vindeiro sábado, aproveitando que coincide coa fin de semana de inicio das festas patronais día 15, as 5,30 da tarde, coa presenza dos fotográfos expositores, e no que se proxectará un vídeo e se fará entrega dos premios do concurso anual.
Manuel Blanco avanzou outros detalles do programa.