Nun solemne acto celebrado na Adega do Pazo dos Ulloa en Esposende-Ribadavia entregáronse os premios Bacelos de Prata 2024, que con grande satisfacción foron recibidos por empresas que utilizan o galego no etiquetado dos seus produtos: os iogures, leite e quefir KALEKOI das terras de Rodeiro e Lalín, e os viños PAZO LALÓN e EDUARDO BRAVO do Ribeiro.



