A Deputación apoia o FITO e a MITEU, así como a celebración en Ourense do vindeiro Campionato de España de Atletismo en pista cuberta

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Estas iniciativas reciben axudas provinciais, concedidas pola Xunta de Goberno, que para diferentes entidades culturais, deportivas e profesionais supoñen 197.191,98 euros

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A Xunta de Goberno mobilizou esta semana 377.957,98 euros, dos que 180.766 euros están destinados á cooperación municipal con sete concellos da provincia para diferentes obras e servizos

Ourense, 7 de outubro de 2024.

A Xunta de Goberno da Deputación Provincial, na súa sesión ordinaria semanal, vén de aprobar a mobilización de 377.957,98 euros para a cooperación, tanto cos municipios da provincia (180.766 euros), como con diferentes entidades (197.191,98 euros).

Así, neste apartado da cooperación con diferentes entidades, a Deputación consigna axudas para diversos eventos de relevancia para a provincia, dada a súa dimensión e repercusión. Un exemplo é o Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO) e a Mostra Internacional de Teatro Universitario (MITEU), que percibirán en conxunto unha achega de 39.000 euros para a súa celebración en Ourense. Tamén colaborará a Deputación coa Real Federación Española de Atletismo para a celebración en Ourense do vindeiro Campionato de España Absoluto de Atletismo en pista cuberta, para o que a institución provincial aporta 60.000 euros. A Feira de Antigüidades organizada pola Asociación Cultural percibirá 2.000 euros e o Club de Tiro “O Pedreiriño” de Entrimo obterá 48.046,05 euros para o acondicionamento do seu campo de tiro.

No que atinxe á colaboración municipal, a Deputación vén de conceder 180.766 euros a sete concellos da provincia para para gastos culturais; un plan piloto de comunidades enerxéticas, así como unha planta potabilizadora; para o II Seminario Internacional de Educación Social e III Convivencia Profesional e Interuniversitaria de Educación Social. Tamén para un proxecto de optimización na iluminación pública; cofinanciamento de proxectos, para a primeira fase dun proxecto de rehabilitación de vivenda e para a mellora de rúas e de eficiencia enerxética.