Un total de 170 ciclistas tomaron a saída na I BTT de Boborás

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O circuito BTT X Terras de Ourense tivo onte a súa parada en Boborás coa celebración da primeira edición da súa BTT, cun percorrido de 40 quilómetros e un total de 170 participantes de Ourense e doutras provincias de Galicia, atraídos polo extraordinario itinerario deseñado pola organización. Con saída ás 9,30 horas dende as inmediacións do pavillón polideportivo da capitalidade de Boborás, os ciclistas enfrontáronse a un circuito con subidas e baixadas por pistas, sendeiros e cortalumes das parroquias de Cameixa, Feás, Vecoña, Moreiras e Brués. A proba contou coa colaboración do clube ciclista Terras de Cea, que desprazou a 12 corredores, mentres o dispositivo de emerxencias de seguridade correu a cargo da agrupación de voluntarios de Protección Civil de Boborás e dunha ambulancia do servizo de Urxencias 061.

Esta é a segunda cita do circuito provincial no espazo dun mes, tra-la celebración, o pasado 29 de setembro, da terceira edición da BTT Terras de Cea, e cun percorrido máis de montaña cá o de Boborás.