O alcalde de Entrimo pon de relevo o impacto para a planificación dos concellos da adopción do plan único de financiamento da Deputación grazas ao Psdeg-Psoe

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

“Era unha vella aspiración dos concellos socialistas a de conseguir unha asignación estable, previsible, a principios de ano, baseada en criterios obxectivos”, declarou Ramón Alonso

O Concello de Entrimo percibía apenas 77.000 euros anuais e coa entrada en vigor do CooperOu pasou a percibir un monto total anual de 250.958 euros

“O PP rendeuse á evidencia de non podía manter a distribución a dedo dos recursos, en función da afinidade ideolóxica dos municipios”, sostén o voceiro socialista na Deputación, Álvaro Vila

Entrimo, 23 de outubro de 2024. Membros do Grupo Socialista na Deputación de Ourense acudiron a Entrimo onde, en compaña do seu alcalde, Ramón Alonso, constataron unha vez máis o impacto positivo do plan único de reparto de fondos da Corporación Provincial (CooperOu), adoptado grazas ao PSdeG-PSOE. “Era unha vella aspiración dos concellos socialistas a de conseguir unha asignación estable, previsible, a principios de ano, baseada en criterios obxectivos”, declarou o rexedor socialista de Entrimo.

Amosando o ensanchamento dunha vía, que foi posible en virtude da aplicación do CooperOu, Alonso destacou “a facilidade de poder planificar a principios de cada ano, a sabendas do que imos recibir de xeito regular, planificar as accións que son prioritarias nos nosos concellos”. Segundo este, “desde este ano sabemos o que nos corresponde para facer os nosos cálculos e organizar este tipo de accións e iniciativas, tan preciosas para a veciñanza”.

O Concello de Entrimo percibía apenas 77.000 euros anuais. Coa entrada en vigor do CooperOu pasa a percibir 160.958 euros. Tralas dúas modificacións de crédito que o PSdeG-PSOE negociou co grupo de goberno do PP, en outubro de 2024 e abril de 2025, o monto total percibido polo concello ourensán ascende a 250.958 euros.

Fin do reparto de fondos “a dedo”

“Estamos moi satisfeitos con esta nova modalidade de financiamento, que podemos desfrutar despois de loitar tantos anos na Deputación por un plan xusto sobre a base de criterios obxectivos e coñecidos”, concluíu Ramón Alonso en compañía de membros da súa corporación e deputadas e deputadas do Grupo Socialista na Deputación de Ourense.

“Hai moitos anos que os socialistas ourensáns loitamos por un financiamento xusto para os nosos concellos, baseado en criterios obxectivos, o cal acadamos non sen un arduo esforzo negociador, por fin, neste exercicio 2024 e para os vindeiros”, subliña o voceiro socialista na Deputación, Álvaro Vila.

“O PP rendeuse á evidencia de que a Deputación de Ourense non podía ser a única das deputacións galegas que non dispuña dun plan de cooperación cos concellos baseado nun reparto xusto, mantendo até este exercicio unha distribución a dedo dos recursos, en función da afinidade ideolóxica dos municipios”, dixo Vila.

Achegamos audio con valoración do alcalde de Entrimo, Ramón Alonso, en relación ao Plan Coperou impulsado polo PSdeG-PSOE de Ourense na Deputación.

https://drive.google.com/file/d/1uWaKW3Qih0DHmzqhTAFBpUl_BW4LPNJe/view?usp=sharing