Cine Club Carballiño pecha mañá a programación de outubro co película española “El 47”, recentemente estreada, con Marcel Barrena na dirección e Eduard Fernández coma protagonista principal. No seu argumento cóntase a historia de Manolo Vital, un condutor de autobús que se fai dono do bus da liña 47 para desmontar unha mentira que o Concello empeñábase en repetir: que os autobuses non podían subir as costas do distrito de Torre Baró. Un acto de rebeldía, disidencia pacífica e movemento veciñal que transformou Barcelona en 1978 e cambiou a imaxe dos suburbios para sempre. Este fime gañou a Espiga de Prata na Seminci de Valladolid, onde foi presentada, e está a ter unha magnífica acollida entre o público do noso país. Os dous pases serán, mañá venres, en castelán no Auditorio Manuel María do Carballiño, cos horarios habituais das 20,00 e as 22,30 horas.