Cinco concellos do Ribeiro están libres de coronavirus

Ribadavia presenta hoxe 4 casos activos, os mesmos ca dende o pasado martes. Leiro mantén hoxe tres contaxiados, tras subir un caso nesta fin de semana. Cortegada mantén dous casos activos. Arnoia e Cenlle manteñen un caso activo cada un. Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño e Melón están libres de coronavirus. No caso de Avión, pasou de ter dous casos activos onte a non ter ningún hoxe.