Deputación, Vilariño de Conso e Viana do Bolo traballan no proxecto para declarar a Mascarada Ibérica coma Patrimonio Inmaterial da Humanidade

Reunión Manuel Baltar (Presidente da Deputación Ourense) con Melisa Macía Domínguez (Alcaldesa do Concello de Vilariño de Conso) e Andrés Montesinos Rodríguez (Alcalde do concello de Viana do Bolo)..
IES CHAMOSO LAMAS

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reuniuse no Pazo Provincial coa alcaldesa de Vilariño de Conso, Melisa Macía e o alcalde de Viana de Bolo, Andrés Montesinos. Neste encontro de traballo avanzouse na candidatura conxunta para conseguir a declaración da Mascarada Ibérica coma Patrimonio Inmaterial da Humanidade. Manuel Baltar garantiu o apoio total da Deputación de Ourense a este proxecto. 

O goberno provincial reforzou o apoio económico ao Festival Internacional Vibo Mask Ibérica. Nesta VII edición participarán preto de 40 entroidos de España, Portugal e Italia. As actividades comezan mañá cunha conferencia no IES Carlos Casares de Viana de Bolo, municipio que acollerá pola noite unha foliada. O fin de semana, as actividades repartiranse entre Viana e Vilariño de Conso, con concertos, teatro, exposicións, mercado de produtos locais e artesanía. 

HIPER MASIDE

Mellora da OU-0908

O presidente da Deputación e os alcaldes de Vilariño de Conso e Viana de Bolo tamén abordaron nesta xuntanza a mellora da OU-0908, a estrada que une ambos municipios. O proxecto incluiría, entre outras liñas de actuación, a apertura de curvas e a mellora da pavimentación.