Pedro Miño, de Adega Lastras de Betanzos, gaña o primeiro premio de “Tortilla Con…” cunha tortilla con papada ibérica e vieiras.
O Conselleiro do Mar, Alfonso Villares, presidiu os actos do día dedicado ao Mar e tamén aos concellos de Sober (presente desde a primeira edición) e ao de Muras (que participa por primeira vez).
A tortilla de patacas foi a protagonista absoluta da segunda xornada da 25ª edición de Xantar, Salón Internacional de Turismo Gastronómico, que acolleu o 1º Campionato de Tortilla de Patacas de Galicia. O actual campión de España Ramón Rodríguez de Restaurante Ou Cabo na Coruña, gañou tamén o Campionato de Galicia na modalidade de tortilla de patacas tradicional. O segundo premio foi para Samu Curbeira de Ankha Café de Ferrol e os terceiros clasificados exaquo foron Esteban Rey de Zahara Café de Ferrol e Pedro Miño de Adega Lastras de Betanzos.
Na categoría “tortilla con…” o gañador foi Pedro Miño de Adega Lastras de Betanzos cunha tortilla de patacas de papada ibérica con vieiras. O segundo premio foi para Manuel Vázquez do Bar Vitato de Lugo cunha tortilla con manitas de porco e a terceira clasificada foi María Rial do Café #Sobre# de azucre de Pontevedra coa súa tortilla de patacas con xamón de castañas de Coren e queixo Arzúa – Ulloa. Os gañadores das dúas categorías clasifícanse directamente para o Campionato de España que se celebrará en Ali
cante entre o 3 e o 6 de outubro de 2025.
Este campionato, que se celebrou en Expourense ao longo de toda a xornada, espertou unha gran expectación tanto entre os prfesionales como entre o público xeral que quixo descubrir todos os trucos e segredos das tortillas dos 28 hostaleiros que participaron nesta proba (16 aspirantes na tortilla tradicional e 12 na de tortilla con…). Para poñer en marcha este campionato, Xantar contou coa colaboración da feira Alicante Gastronómica, promovida pola Cámara de Comercio de Alacante e con “Burgos Alimenta” que ademais están a ofrecer degustacións de paella e morcilla de Burgos aos visitantes a Xantar.
O campionato de hoxe foi tamén o momento elixido por Coren para presentar o seu novo “Ovo Gourmet” especialmente indicado por se cor, viscosidade, textura e sabor, para a elaboración de tortilla de patacas.
Día do Mar
Xantar celebrou hoxe tamén o día dedicado ao Mar que estivo presidido polo Conselleiro do Mar da Xunta de Galicia, Alfonso Villares, quen destacou o papel dos peixes e mariscos nunha alimentación saudable e respectuosa co Medio Ambiente xa que é unha das proteínas con mellor impacto ambiental. A Consellería do Mar participa un ano máis en Xantar como expositor pero tamén como organizador dun completo programa de talleres de cociña que poñen en valor a excelente calidade dos produtos marítimo-pesqueiros, destacando algúns selos de calidade como é o de “peixarías, de onde se non?” .- Estes talleres están a promocionar as propiedades e o valor culinario e gastronómico de especies como o bonito do norte, a pescada do petisco de Burela, o rodaballo ou o mexillón achegan á dieta atlántica tan recomendada para os profesionais da saúde.
O conselleiro do Mar estivo acompañado pola directora de Internacionalización da Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Peixes e Mariscos ANFACO-CECOPESCA, Felicidade Fernández, quen fixo fincapé no feito de que Galicia é a principal área produtora de Europa (e a segunda do Mundo despois de Tailandia) de conservas de peixes e mariscos que se distribúen por todo o mundo.
Pasado, presente e futuro cruzáronse tamén hoxe no acto central do día que estivo dedicado ao Concello de Sober que participa en Xantar desde a primeira edición e ao Concello de Muras que participou por primeira vez. O alcalde de Sober #Luis Fernández Guitián lembrou cando participaron por primeira vez para promocionar o viño de Amandi e recalcou o feito de que son o único xeodestino galego, o da Ribeira Sacra, repartido en dúas provincias. Pola súa banda, o alcalde do Concello de muras, Manuel Requeijo, indicou que habñian elixido Xantar para promocionar Feira do Poldro e Gando do Monte, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia, e a súa feira Mel de Montaña. Muras é un municipio rural do norte da provincia de Lugo, destino Starlight, situado na Sierra do Xistral, que é a porta de entrada da Mariña Lucense, que participa activamente en Xantar a través de concellos como Viveiro, Burela ou a propia Deputación Provincial de Lugo, a través famoso porto de Gañidoira.
Tamén se achegou ata Xantar nesta segunda xornada a directora xeral de Formación Profesional Eugenia Pérez Fernández que visitou a caseta no alumnos de distintos centros de FP de ciclos relacionados coa hostalería están a realizar continuas demostracións culinarias.
Esta xornada de venres estivo cargada tamén de talleres de cociña, catas e degustacións. O concerto da Rosa serviu de antesala para os visitantes que decidiron vir cear a un dos 5 restaurantes de Xantar.
Na xornada de sábado celebrarase o 1º Campionato Mellor Burger de Galicia (pola mañá categoría profesional e pola tarde amateur) e ás 21.00 haberá un concerto de Broken Peach con entrada gratuíta.