Manuel Pardo destaca o dispositivo da Xunta para garantir a mobilidade da cidadanía na rede autonómica de estradas da provincia de Ourense

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO
  • Manuel Pardofixo unha chamada á prudencia e á concienciación social dos condutores para que extremen as precaucións ao volante nesta época onde a climatoloxía é adversa

Ourense, 22 de novembro de 2024.-O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, participou xunto co subdelegado do Goberno na provincia, Eladio Santos, na Comisión de coordinación provincial para a seguridade viaria en situacións metereolóxicas extremas. O obxectivo desta xuntanza, que se celebra cada ano por estas datas, é coordinar medios e actuacións da Xunta e do Goberno central encamiñadas a garantir seguridade viaria dos condutores na época invernal de climatoloxía adversa.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Manuel Pardo informou que Xunta de Galicia dispón dun “Plan de Vialidade Invernal 2024-2025” operativo entre o 1 de novembro de 2024 e o 30 de abril de 2025, que comprende a posta a disposición de diferentes medios humanos e materiais e o seguimento dun Protocolo de actuación.

O delegado territorial sinalou que coa activación do Plan de Viabilidade Invernal, a Xunta quere garantir a mobilidade en condicións de máxima seguridade a todos aqueles cidadáns que a diario empregan as vías autonómicas para desprazarse. O programa recolle un conxunto de medidas preventivas para anticiparse aos problemas que poidan xurdir, e tamén paliativas, para reforzar a seguridade viaria ante situacións meteorolóxicas desfavorables.

Manuel Pardo fixo unha chamada á prudencia e á concienciación social dos condutores para que extremen as precaucións ao volante nesta época onde a climatoloxía é adversa.

Na reunión tamén participaron representantes da Deputación provincial, das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, DXT, Agrupación de Tráfico, Estradas do Estado en Ourense, Protección Civil e membros da Fegamp.