O PPdeG únese ao pobo venezolano na súa loita pola liberdade e en contra da tiranía bolivariana apoiada pola esquerda galega

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Esta tarde unha ampla representación do partido participou nas mobilizacións que tiveron lugar nas cidades galegas

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

●       A secretaria xeral, Paula Prado, estivo presente en Ourense xunto ao secretario executivo do PP no Exterior, Antonio Rodríguez Miranda

9 de xaneiro de 2025. O Partido Popular de Galicia amosa o seu apoio ao pobo venezolano na súa loita pola liberdade e a democracia ao tempo que lamenta que os partidos da esquerda galega opten polo silencio cómplice coa ditadura bolivariana, como fai o socialismo, ou directamente por defender os ideais dun tirano como Nicolás Maduro, como ocorre co BNG.

Así o manifestou a ampla representación do partido que participou esta tarde nas mobilizacións que tiveron lugar ao longo da xeografía galega: desde o Obelisco da Coruña ata a Praza Roxa de Santiago de Compostela, pasando pola Praza Maior tanto de Lugo como de Ourense ou a Praza Elíptica de Vigo.

En Ourense estiveron presentes, entre outros, a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, e o secretario executivo do PP no Exterior, Antonio Rodríguez Miranda, que trasladaron a súa obrigada solidariedade como demócratas aos milleiros de venezoláns que encheron as urnas de votos pola liberdade e contra a tiranía.

Pola súa banda, os representantes do PP de Ourense destacan que sempre estiveron ao carón dos venezolanos para defender os seus dereitos e liberdades fundamentais: “Venezuela e os seus cidadáns merecen que se remate coa represión no país e comece a ansiada transición cara a unha democracia lexítima e soberana”.

Como defensores do Estado de Dereito e das liberdades, os populares ourensáns reafirman que responderán sempre ás chamadas á mobilización para garantir a democracia en Venezuela.