A Deputación colaborará con Iberdrola na promoción de actividades culturais, educativas e deportivas

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O presidente provincial, Luis Menor, e a vicepresidenta primeira, Marta Nóvoa, mantiveron un encontro de traballo co delegado da empresa en Galicia

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Ourense, 20 de xaneiro de 2025.

A Deputación de Ourense colaborará con Iberdrola na promoción de diversas actividades para o interese da provincia. Así o acordaron o presidente da institución ourensá, Luis Menor, e o delegado de Iberdrola en Galicia, Francisco Silva, nun encontro de traballo no que tamén participou Marta Nóvoa, vicepresidenta primeira da Deputación.

A reunión mantida no Pazo Provincial responde ao inicio de acordos de colaboración entre a Deputación e Iberdrola. Neste sentido, o goberno provincial promoverá directamente ou cooperará en actividades de tipo cultural, educativo ou deportivo, que se desenvolverán nos próximos meses.

Luis Menor valorou esta reunión de traballo como moi frutífera e destacou o “forte asentamento” da empresa na provincia de Ourense e no resto de Galicia. Neste sentido, agradeceu a “aposta firme” de Iberdrola por Ourense.

Pola súa banda, o delegado de Iberdrola en Galicia, Francisco Silva, destacou que Iberdrola é unha empresa “comprometida coas comunidades nas que está presente”, subliñando que no caso de Ourense xa son “oitenta anos na provincia, creando emprego e desenvolvemento económico”.