Renfe e Expourense únense para promocionar Ourense como destino turístico e de negocios

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Renfe e a Fundación Feiras e Exposicións Ourense (Expourense) asinaron un acordo comercial para a promoción conxunta do turismo en Ourense da man do ferrocarril, no marco de FITUR 2025. Este acordo, asinado por Javier Pérez López, director de área de negocio de Alta Velocidade e Outros Servizos Comerciais de Renfe, e Rogelio Martínez, director xerente de Expourense, ten como finalidade a promoción das viaxes en tren, xa sexa por turismo ou negocios, ata a cidade termal.

Renfe ofrecerá a tódolos asistentes e expositores dos eventos que organice Expourense un 10% de desconto sobre o prezo de venda no intre da compra, en calquera das opcións dispoñibles (Básico, Elige e Elige Confort) en billetes de ida ou ida e volta, nos trens de AVE e Longa Distancia. Esta oferta é válida para congresos e eventos que reúnan a máis de 75 persoas que utilicen o tren nos seus desprazamentos.

Tamén se poderán beneficiar de descontos non inferiores a un 10% os viaxeiros que contraten as súas escapadas temáticas, de turismo MICE (Meetings, Incentivos, Convencións, Eventos e Congresos) e Grupos.