O alumnado do IES Nº1 de Carballiño concluíu con éxito a súa emocionante travesía polo Camiño de Santiago baixo o lema “Xuntos no Camiño”. Durante varios días, os estudantes e os seus profesores percorreron etapas do camiño xacobeo, compartindo anécdotas, esforzo e compañia.
O IES Nº1 mostra o seu agradecemento a todas as entidades que colaboraron para que o proxecto fose un éxito

Foi unha satisfacción para o centro poder facer unha doazón O Colexio LLuis Vives de Massanassa que quedou moi danado despois da dana en Valencia. A directora do colexio remitiu o seguinte video

O percorrido pasou por Portomarín e avanzou por localidades emblemáticas como Palas de Rei, Melide, Arzúa, Pedrouzo e Lavacolla. Cada etapa estivo cargada de momentos únicos que os participantes lembrarán sempre: desde retos físicos ata encontros con peregrinos de distintos lugares, así como o descubrimento da riqueza natural e artistica.
A dirección do centro destacou a importancia desta actividade como unha experiencia educativa e de cohesión grupal. Ademais, estendeu un agradecemento especial aos profesores Morón, Encina e Vanesa, quenes coordinaron e acompañaron ao grupo con dedicación. Tamén se recoñece o compromiso de todos os alumnos ealumnas, cuxo esforzo e actitude fixeron posible o éxito da andaina.
“Xuntos non Camiño” non só significou alcanzar unha meta física, senón tamén unha aprendizaxe sobre a superación persoal, a solidariedade e o traballo en equipo, valores que seguirán acompañando a estes mozos.
