Mobilizacións do Colectivo de persoas xubiladas e pensionistas pola situación de urxencia do SAF

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Están convocadas para este xoves, día 27 de febreiro, nas sete cidades galegas
Compostela, 25 de febreiro de 2025.- O Colectivo de persoas xubiladas e pensionistas da CIG inicia este xoves, día 27 de febreiro, unha campaña para reclamar un Servizo de Axuda no Fogar adecuado, dotado con orzamentos e persoal suficiente e que responda ás necesidades de apoio que teñen as persoas dependentes e as súas familias.
Con este obxectivo, a central sindical segue a demandar a creación dun Sistema Público Galego de Servizos de Atención ás Persoas que xestione todos os recursos públicos, incluído o SAF, “para que as persoas dependentes poidan ter cubertas as súas necesidades en condicións dignas e de xustiza social”.
Lugares e horarios:
• A Coruña: ás 11h no edificio da Xunta de Monelos (Praza de Luís Seoane)
• Ferrol: ás 12h no edificio da Xunta (Praza Amada García)
• Compostela: ás 11h, no complexo administrativo de San Caetano
• Lugo: ás 12h, no edificio multiusos da Xunta (Ronda da Muralla)
• Ourense: ás 11.30h, no edificio da Xunta (Casa de chocolate)
• Pontevedra: ás 11.30h, no edificio da Xunta en Campolongo
• Vigo: ás 11h, no edificio da Xunta (Praza da Estrela)

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------