A catadora Beth Willard selecciona 39 referencias da D.O. Ribeiro entre os 100 mellores viños de Galicia

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A experta internacional en viños, Beth Willard, visitou a Denominación de Orixe Ribeiro en novembro do ano pasado en calidade de representante do Master of Wine Tim Atkin, a fin de preparar un informe detallado, publicado recentemente, coas puntuacións dos viños de Galicia no marco dos ‘Special Reports’, publicacions periódicas que emiten sobre as diferentes denominacións de orixe.

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Un total de 39 referencias pertencentes á D.O. Ribeiro, das cales 31 corresponden a viños brancos, sete a tintos e un tostado, posiciónanse na selección dos 100 mellores viños de Galicia para a recoñecida catadora. Asemade, no podio otorga á D.O. Ribeiro os galardons nas seguintes categorías:

Un total de 39 referencias pertenecientes a la Denominación de Origen Ribeiro, 31 vinos blancos, siete tintos y un tostado, se posicionan en la selección de los 100 mejores vinos de Galicia para la reconocida catadora.  Además, en el podio otorga a la D.O. Ribeiro los galardones en las siguientes categorías:

  • Adegueiro do ano: Xosé Lois Sebio, D.O. Ribeiro.
  • Viticultora do ano: Xulia Bande, D.O. Ribeiro.
  • Cooperativa do ano: Viña Costeira, D.O. Ribeiro
  • Viños brancos do ano (2/3): Son de Arrieiro Añadas Selección S/C, de Xulia Bande e As Viñas 2022, de Xosé Lois Sebio.
  • Viño branco mellr relación calidade-prezo do ano: Finca Teira 2023, de Adega Manuel Formigo, D.O. Ribeiro.
  • Viño branco revelación do ano:  Tino 2023 de Adega Manuel Formigo, D.O. Ribeiro.
  • Viño tinto revelación do ano: Big Bang Caiño Longo 2023, de Pablo Vidal, D.O. Ribeiro.
  • Viño doce revelación do ano: Celme Tostado 2019, de Adegas Celme, D.O. Ribeiro.

Durante o seu perorrido pola Denominación de Orixe Ribeiro, Beth Willard coñece de primeira man 24 adegas e proxectos vitivinícolas, probando viños brancos e tintos de elaboracions especiais, tales como barrica ou lías; monovarietaris de treixadura, godello, torrontés, albariño, caíño longo ous sousón, entre outros, ou coupages resultaod de mesturas de variedas de uva autóctona e de diferentes colleitas (dende 2012 ata 2023), apreciando, deste xeito, a evolución no tempo dos viños, que son destacados no informe.

Beth Willard, ademais de colaborar con Tim Atkin MW, leva ligada a España dende hai máis de 15 anos, primeiro como compradora especializada e, na actualidade, como xornalista e crítica de viños. Asemade, é copresidenta do concurso de viños do Reino Unido ‘Decanter World Wine Awards’; escitora na revista Decanter e, regularmente, tamén realiza presentacions e catas de viños españois.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------