O prazo remata o dia 31 de marzo.
Este ano, ademais dos tres premios 1º de 250€, 2º de 150€ e 3º de 100€, convocase un premio especial de 200€ con motivo de chegar á viséxima edición do concurso, que acollerá fotografías relacionadas coa cidade da Coruña.
Poderán presentarse un máximo de tres fotografías por participante.
Coas fotografías gañadoras e as finalistas organizarase unha exposición itinerante.
Esta exposición complementarase con outra exposición das fotografías premiadas das 20 edicións do certame.
Este concurso de fotografía vai destinado a alumnos/as de bacharelato, FP e artes de Galicia menores de 21 anos.
Tentase potenciar a fotografía como un medio de expresión, creación e comunicación entre os escolares galegos.
O certame, organizado pola Asociación de Amigos do IES Monelos, está apoiado por Gadis e máis polo Concello da Coruña.