A promotora Moita Merda Producións vén de anunciar que tan só quedan xa menos de 50 entradas ‘on line’ para asistir ao espectáculo “Aquí tou!”, que ofrecerá o humorista Xosé Antonio Touriñán o vindeiro 23 de maio no Auditorio Manuel María do Carballiño. As entradas disponibles aínda se poden mercar ao traverso da plataforma giglon.com a un prezo de 16 euros, para un aforo aproximado de 400 butacas que acolle o auditorio municipal carballiñés.
“Aquí tou!” é un monólogo no que Touriñán conta a súa vida dende neno ata a actualidade e no que utiliza imaxes antigas e novas da súa traxectoria. Un espectáculo que xa acadou un éxito importante nas cidades da Coruña, Vigo e Ourense, e no caso da vila do Arenteiro espérase unha gran afluencia. Ao respecto, Diego Fernández, concelleiro de Cultura do Carballiño, comentou que “é o espectáculo dun dos grandes expoñentes do panorama artístico de Galicia e que vai ter unha repercusión importante no Carballiño, xa que se espera vaia atraer a moita xente e iso vino notar o sector da hostalería da vila”.
Por elo, dende a organización convidan a efectuar a reserva canto antes a aquelas persoas que desexen asistir a este espectáculo de Touriñán, xa que poderían esgotarse as entradas neste mesma semana. A función terá lugar o venres 23 de maio, dende as 21,00 horas, no Auditorio Manuel María, organizado pola Concellería de Cultura do Carballiño.