A compañía Ártika representa este sábado a súa montaxe “Non pasarán” no Auditorio do Carballiño

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O Auditorio Manuel María do Carballiño acollerá o vindeiro sábado, 29 de marzo, a representación da obra “Non pasarán”, unha “comedia incendiaria” da compañía Ártika. A función comezará ás 20,00 horas e o prezo da entrada é de 5 euros. Esta actividade promovida pola Concellería de Cultura foi presentada hoxe polo responsable deste departamento, Diego Fernández; Rocío Salgado, actriz e distribuidora, e o actor Martín Maiz.

Diego Fernández comentou que “esta é unha comedia que esconde unha realidade que está de actualidade máis cá nunca, porque estamos nun momento moi sensible cara a estes movementos que se están a facer donos do mundo, e é bó que reflexionemos a través da cultura, que haxa un momento para rir pero tamén para pensar”. O edil de Cultura destacou que esta montaxe de Ártika foi finalista nas categorías de Mellor Vestiario e Mellor Texto Orixinal nos Premios María Casares, e que o ourensán Tito Asorey está tra-la dirección e creación do guión.

Rocío Salgado apuntou que na traxectoria de Ártika “sempre queremos facer teatro social tanto nas obras infantís coma para adultos, para que o público se divirta, pero tamén que procese e pense qué estamos a facer coa nosa sociedade”. Neste sentido, apuntou que “estamos nunha época de ascenso das ultradereitas e nun intre no que os líderes políticos están cambiando moito”, tendo en conta que o texto no que está baseada “Non pasarán” coincide co auxe do nazismo en Alemaña.