Cine Club proxecta “Amal”, mañá venres, e “Filmei paxaros voando”, o domingo, no Auditorio do Carballiño

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Esta vindeira fin de semana, Cine Club Carballiño volta a presentar unha programación dobre. Así, mañá, venres, 4 de abril, proxectarase a película belga “Amal”, do director Jawad Rhalib, protagonizado por Lubna Azabal, que interpreta á protagonista. Amal, unha mestra francesa dun instituto de Bruxelas, anima aos seus alumnos a cultivar a paixón pola lectura, defender a liberdade de expresión e promover a tolerancia. Porén, as súas ideas molestan a algúns alumnos, e tamén a compañeiros vencellados co extremismo islámico, totalmente oposto aos seus métodos de ensinanza.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Aínda así, Amal mantense firme, especialmente cando ten que axudar a Monia, unha das súas estudantes, unha rapaza reservada, á que atacaron e ameazaron polas sospeitas da súa homosexualidade. Os pases serán no Auditorio Manuel María ás 20,00 horas en versión dobrada ao castelán e ás 22,30 horas en VOS. 

E o domingo, día 6,continúa a programación da ‘Filmoteca’, que vai estar adicada nestes meses de abril e maio ao cinema galego. Comezará cunha película da ourensana Zeltia Outeiriño, “Filmei paxaros voando”, onde a directora retorna a Galicia para facer un filme sobre a súa familia que se vai transformando á raíz da enfermidade da súa nai.

O filme termina sendo un narracións sobre os vínculos e os coidados chea de imaxes dunha fonda fermosura. O pase será ás 19,00 horas, coma sempre no Auditorio Manuel María do Carballiño, e  o prezo da entrada é de 3€.