Boborás celebrará as Letras Galegas cun recital da banda de música e dun grupo de pandereteiras o vindeiro domingo

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Concello de Boborás organiza para o serán do vindeiro domingo, 18 de maio, un acto público para conmemorar e festexar a celebración do Día das Letras Galegas, que este ano foi adicado á tradición popular das cantareiras.

COMERCIAL ORCELLÓN

O programa desta actividade contempla un concerto da Banda de Música de Boborás, que interpretará varias composicións de autores galegos e unha actuación de ‘As Faíscas’, un grupo de canto e pandeireta creado recentemente no municipio.

O acto desenvolverase a partir das 18,00 horas na contorna natural das piscinas públicas de Boborás, na capitalidade municipal. Dende o Concello anímase a toda a veciñanza da comarca a desfrutar desta conxugación de músicas e tradicións propias de Galicia.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------