O grupo municipal de Espazo Común vén de trasladar nunha nota de prensa as queixas da veciñanza da rúa Castelao, pertencente á parroquia carballiñesa de Arcos, polo estado en que se atopa a contorna desta vía, con abundante maleza nas súas beiras. Dende esta formación política subliñan que éste é só un exemplo da xestión “dun Concello desnortado e que castiga co abandono e o desleixo á meirande parte dos veciños e veciñas deste pobo”.
“Semellaba case imposible pero a entrada do PP no goberno xunto co PSOE só fixo que empeorar a situación”, apuntan dende Espazo Común, e engaden que “once concelleiros, case 200.000 euros en soldos e dietas, e ningún deles é quen de garantir uns mínimos en servizos tan básicos coma a limpeza viaria”.
PUBLICIDADE
---------------------------------------------------------------------------------------------------