Un ‘erro’ deixa á oposición sen representación na Mancomunidade Turística

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Espazo Común vén de presentar un recurso de reposición contra o acordo tomado polo pleno da Corporación do Carballiño o pasado mes de xullo de nomeamento dos representantes do Concello na Mancomunidade Turística Terras do Avia, xa que deixa fóra desta aos grupos políticos da oposición municipal (Espazo Común e BNG) e vulnera os estatutos da institución que agrupa aos concellos de Carballiño, Boborás, Leiro e Ribadavia. Así, Espazo Común denuncia que o acordo de goberno entre PSOE e PP só é un reparto interesado de cadeiras e soldos e que agora incluso estes dous grupos chegaron ao punto de incumplir cos estatutos da Mancomunidade, que estipula unha representación de dous ediles do goberno e un da oposición para cada un dos catro municipios integrados nela:

A este tema fixo referencia o concelleiro de Espazo Común, Francisco Fraga, que precisamente era, antes dese acordo plenario, o representante da oposición en Terras do Avia, e que alude a un posible “erro involuntario”:

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Pola banda do equipo municipal de goberno, o concelleiro de Turismo, o socialista Manuel Dacal, considera que o acordo tomado conxuntamente polo seu grupo e o Partido Popular poidera deberse a un ‘erro administrativo’, se entrar a valorar a presentación do recurso por parte de Espazo Común