A ‘8ª Xuntanza de Clásicos’ reuníu en Dacón a 75 vehículos como anticipo das festas da Santa Rita

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

https://www.facebook.com/share/v/197vfZyjhK

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A vila de Dacón encara nesta semana a celebración das súas festas patronais da Santa Rita cunha programación lúdica moi variada que terá lugar o xoves e venres vindeiros. Pero esta localidade do municipio de Maside xa anticipou na pasada fin de semana unha serie de actividades deportivas organizadas pola comisión organizadora dos festexos.

Entre elas, destacou, o sábado, a oitava edición da “Xuntanza de Clásicos”, que convocou a un total de 75 vehículos históricos chegados dende diferentes puntos da xeografía provincial e do resto de Galicia, e que tiveron a oportunidade de desfrutar dunha excelente xornada de confraternidade grazas ao programa preparado polos organizadores.

Así, nun día solleiro e caluroso, os pilotos e acompañantes saíron cos seus automóbiles dende a contorna da igrexa de Dacón para facer un percorrido polos municipios de San Amaro, Leiro e Cenlle ata deterse na adega Cuñas Davia, onde visitaron os viñedos e participaron nunha degustación de viños. Despois proseguiron ata Ribadavia e alí xantaron no restaurante Garden Lodge un menú composto por langostinos, táboa de ibéricos, empanada, lacón asado con patacas, postre, bebidas e café.

Despois regresaron ao punto de saída, onde a organización tíñaslles preparada unha gran pancetada para repoñer forzas. E xa onte domingo, celebraron en Dacón a tradicional ‘Festa do Cabalo’, con rutas e probas de carreira, con xinetes procedentes de toda Galicia, Asturias e León.

Pero o prato forte das celebracions en Dacón está previsto para este vindeiro xoves, 22 de maio e festividade da Santa Rita, e o venres, día 23. A banda de música ‘Xuntanza’ do Carballiño será a encargada de acompañar a xornada da patrona, na que o bispo da Diócese de Ourense, monseñor Leonardo Lemos, oficiará a misa solemne na igrexa ás 12,30 horas. Pola noite, as verbenas estarán amenizadas polas orquestras Miramar e Fuego.

O venres, a charanga Bandiños Band encargarase dos pasarrúas, antes da misa solemne, prevista para as 12,30 horas, e que irá seguida dunha procesión. Os grupos Tania Veiras e Assia protagonizarán a derradeira verbena das festas de Dacón.