O presidente provincial mantuvo un encontró de traballo cos responsables do Consello Reguladorno que se abordaron asuntos como a aposta polo ciclo de Formación Profesional de aceites e viños e a creación dun festival que maride cultura musical e viño
Menor visitou tamén a finca experimental do Inorde, no entorno do Castelo de Monterrei, onde se desenvolve un proxecto piloto de agricultura rexenerativa
Ourense, 19 de maio de 2025.
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, visitou hoxe a sede do Consello Regulador da D.O. Monterrei, onde estivo acompañado polo presidente da entidade, Manuel Vázquez Losada e o xerente, Gonzalo Losada Lorenzo. Alí mantiveron un encontro de traballo para tratar a creación dun novo Plan Estratéxico da denominación, así como liñas de axudas para o sector. Neste sentido, Menor puxo en valor o citado plan como unha “folla de ruta” que axudará a que o “crecemento espectacular” desta denominación de orixe “non teña erros nin ameazas” e permita seguir “cumprindo obxectivos nun sector estratéxico para a provincia como é o do viño”.
O presidente provincial destacou tamén a “profesionalización” da D.O. Monterrei, facendo referencia aos inicios dese proceso “xa nos anos oitenta”, ata chegar a ter, na actualidade, “un produto profesionalizado”. Así, esta D.O. conta con preto de 400 colleiteiros, 29 bodegas, máis de 700 hectáreas de terreo e unha colleita anual de sete millóns de quilos producidos.
Recollendo as demandas dos representantes dos viños de Monterrei, Menor tamén apostou pola “cooperación” para que o ciclo de Formación Profesional de aceites e viños se asente definitivamente nesta comarca.
Pola súa banda, o presidente do Consello Regulador agradeceu o “compromiso” da institución ourensá en asuntos clave como o plan estratéxico e a posibilidade de levar a cabo un festival que maride cultura musical e viño.
Unha finca experimental
Trala visita á sede do Consello Regulador, o presidente provincial achegouse ata a viña do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde), sita no entorno do Castelo de Monterrei, onde a Deputación de Ourense ofrece aos viticultores unha finca experimental onde observar como se compartan as diferentes variedades.
Esta finca, dunha hectárea e media, está destinada a viñedo experimental, pero tamén conta con terreo para pequenos froitos, plantas medicinais e aromáticas e cultivo de castiñeiro.
Dentro do obxectivo estratéxico da sustentabilidade, explicou o técnico do Centro Agrogandeiro, Servando Álvarez, na finca do Inorde tamén se desenvolve un proxecto piloto de agricultura rexenerativa, co que se pretende que o solo volva a estar vivo e sexa produtivo.