Manuel Pardo subliña a contribución do programa ‘ebici’ da Xunta a prol dunha mobilidade sustentable e saudable

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O delegado territorial da Xunta en Ourense informa da nova orde de axudas desta convocatoria durante unha visita ao establecemento Código Bike

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

  • Manuel Pardo informou que está aberta unha nova edición destas axudas para a adquisición de bicicletas con pedaleo asistido e bicicletas de man híbridas ou eléctricas para cadeiras de rodas, conta cun orzamento da  Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de  1,7M€
  • Os propietarios de establecementos teñen de prazo ata o 31 de agosto de 2026 para sumarse á iniciativa, mentres que as axudas poden solicitarse ata o 13 de novembro de 2026 ou ata que se esgote o crédito
  • Lembrou o delegado territorial que son os propios negocios os encargados de tramitar as axudas e que a listaxe de adheridos pode consultarse na ligazón do programa EBici
  • O representante do Goberno galego subliñou que a Xunta de Galicia vén traballando no desenvolvemento duns sistemas de transporte que reduzan ao mínimo as repercusións sobre o medio natural e os seus impactos sociais e económicos, apostando pola mobilidade sustentable e saudable

Ourense, 26 de maio de 2025. O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, visitou esta mañá, na cidade de Ourense, o establecemento Código Bike, onde puxo en valor a boa acollida da nova convocatoria do programa EBici entre os ourensás, para a adquisición de bicicletas con pedaleo asistido e bicicletas de man híbridas ou eléctricas para cadeiras de rodas, no que a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes destinou 1,7M€ distribuídos en dúas anualidades: 1 M€ para 2025 e 700.000 euros para 2026.

Na súa visita, o delegado territorial, lembrou que os propietarios de establecementos teñen de prazo ata o 31 de agosto de 2026 para sumarse á iniciativa, mentres que as axudas poden solicitarse ata o 13 de novembro de 2026 ou ata que se esgote o crédito; e recordou que son os propios negocios os encargados de tramitar as axudas e que a listaxe de adheridos pode consultarse na ligazón do programa EBici.

Explicou Manuel Pardo que esta iniciativa, enmarcada na Estratexia galega de mobilidade,  é un claro exemplo da aposta do Goberno galego por un novo modelo de mobilidade que facilite a redución do uso do vehículo privado, e así desconxestionar o tráfico das cidades, reducindo a consecuencia da contaminación ambiental e acústica.

O representante do Goberno galego subliñou que a Xunta de Galicia vén traballando desde hai anos no desenvolvemento duns sistemas de transporte que reduzan ao mínimo as repercusións sobre o medio natural e os seus impactos sociais e económicos, apostando pola mobilidade sustentable e saudable.

A intensidade das axudas

Manuel Pardo detallou que estas axudas cobren ata o 50% do custo da bicicleta eléctrica, cun máximo de 500 euros, con carácter xeral. Sen embargo, as familias numerosas teñen máis vantaxes xa que os incentivos cobren o 60%, cunha aportación tope de 600 euros; e para as de categoría especial, os descontos elévanse ata un máximo de 700€, cubrindo ata un 70% do custo. Ademais as persoas con mobilidade reducida tamén poden acceder a un desconto de ata o 70% do custo da bicicleta de man híbrida ou eléctrica para cadeira de rodas, cunha achega de ata 700 euros.