O concello de San Amaro elexirá novo alcalde o próximo luns

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O concello de San Amaro convocou o Pleno extraordinario no que se procederá á elección do novo alcalde tras a dimisión do socialista Rubén Gómez. Esta sesión será o vindeiro luns, ás 12:00 horas da mañá.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Procederase, en primeiro lugar, á toma de posesión de María Jesús Fernández como concelleira socialista, ocupando o lugar do concelleiro e anterior alcalde Rubén Gómez, tras a súa dimisión.

Seguidamente procederase á elección do novo alcalde tras a renuncia de Gómez. Recordamos que esta situación producise por inestabilidade e falla de entendemento entre o goberno de coalición entre o PSOE e Xuntos por San Amaro.