Este pasado viernes disputouse a final da COPA Carroza do Carballiño, entre Vinoteca Abadía e Alumimas, que gañaron estos últimos por terceiro ano consecutivo.

O Campión de LIGA tamén foi Alumimas, sendo segundos Vinoteca Abadía e Pub Deluxe terceiros.


O cuarto lugar foi para Parrillada Os Amigos, sendo quintos Barreras de Seguridad, sextos Hijos del Tubos e séptimos Carrozas.
Utrero de Alumimas con 28 tantos foi o máximo goleador mentras que o seu compañeiro Santi foi o menos goleado con 18.


Na entrega de premios estuvo presente José Castro (Pepe), Concelleiro de Deportes e Teniente de Alcalde do Concello do Carballiño, entregando os trofeos aos premiados.
Este acto finaliza con unha etapa de 17 anos como responsables Rodrigo Glez, Alfonso Bernández Freire e Jose Manuel Vazquez . Organizando esta competición dende a tempada 2007-2008, esta LIGA CARROZA queda en mans dos responsables dos equipos que, xunto co Concello do Carballiño, tentarán que a vindeira tempada se celebre un ano máis a competición.


Foron 17 anos moi felices coa participación de en algún caso 14 equipos, máis de 140 xogadores en varias tempadas e, dende 2010 con premios a todos os equipos, incluido o de equipo máis deportivo.
A Organización sainte, da as grazas a toda a prensa, colectivos, empresas patrocinadoras dos equipos, á Fundación de Fútbol Sala Galego e persoalmente a Manolo Dacal, Rodrigo González, Silvia Baranda e José Castro pola súa implicación como concelleiros durante estes anos, así como aos traballadores da área de Deportes do Concello do Carballiño, Claudio, Virginia e Victor, que sempre estiveron pendentes de axudar no que poideron á Directiva da Liga.
Un cariño especial tamén aos árbitros que durante todos estos anos aguantaron as veces malas contestacións dalgún que outro xogador.