O ‘VI Depor Campus’ de fútbol arranca o vindeiro 23 de xuño nas Escolas Deportivas de Maside

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Un ano máis, e xa son seis, o estadio de fútbol do Outeiro Grande de Maside acollerá do 23 ao 27 de xuño o ‘Depor Campus’ das Escolas Deportivas de Maside, unhas xornadas de adestramento e diversión a cargo de técnicos do Real Club Deportivo da Coruña que están abertas á participación de xoves entre os 6 e os 14 anos de idade.

Cunha previsión aproximada total de 80 a 90 alumnas e alumnos nos campus de Ourense Maside , tal e como o comentaba Sergio Maurente, do Club Deportivo e responsable técnico desta actividade, dos cales entre 50 a 60 corresponden ao organizado en Terras de Maside.As inscricións para as familias que queiran anotar aos seus fillos o ufillas aínda están abertas na páxina web https://deporcampus.rcdeportivo.es/es/terrasmaside-2025/inicio, tendo en conta que o prazo rematará ás 14,00 horas do día 17 de xuño. A cuota de matrícula para o campus é de 135 euros, cun desconto de 20 euros para os xoves das Escolas e o alumnado do colexio público de Maside.

COMERCIAL ORCELLÓN

Unha iniciativa máis do centro deportivo que preside Juan Romero, as Escolas Deportivas de Maside, que contan entre as súas filas a 150 rapazas e rapaces en iniciación, prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete. Un clube que verá en breve cómo o Concello de Maside vai acometer unha reforma das instalacións do Outeiro Grande, coa colocación de novo céspede e unha reforma nos vestiarios, tal e como avanzaba o alcalde do municipio, José Manuel Iglesias.

Nesta sexta edición do ‘Depor Campus’, manterase o método do Real Club Deportivo, fomentando valores coma son o xogo limpo, o respeto polo rival, o esforzo, a solidariedade e a amizade ao través do deporte, según Alejandro Vidal, da Área Social do R.C. Deportivo da Coruña.

Entre os obxectivos salientan a aprendizaxe do desenvolvemento da coordenación e das habilidades e conceptos do corpo e a súa relación co balón, ademais de traballar os fundamentos básicos técnico-tácticos cunha metodoloxía analítica, que serán postos na práctica xunguindo competición e desfrute.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------