As e os socialistas presentan unha batería de emendas ao proxecto de zona de baixas emisións para que Ourense se convirta nunha cidade con menos coches “por convinción” e non “por prohibición”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Entenden como fundamental que a revisión da ORA quede supeditada á aprobación previa polo Pleno dunha nova planificación de estacionamento, baseada no PMUS de 2019 e actualizada

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

“O grupo municipal do PSdeG non se opón a revisar ou transformar este servizo, pero si a facelo sen plan, sen informes e sen consenso. Exiximos un marco técnico, económico e normativo sólido, que garanta unha mobilidade sostible, equilibrada e útil para toda a cidade”, aclara a edil Alba Iglesias

Ourense, 5 de xuño de 2025. O grupo municipal socialista vén de rexistrar unha batería de emendas ao proxecto para a realización da Zona de Baixas Emisións (ZBE) Ourense Centro. “Partimos dun feito: a ZBE non é unha opción, é unha obriga legal. Pero como se aplique pode marcar a diferenza entre unha cidade máis amable, máis limpa e mellor conectada ou unha cidade de prohibicións mal explicadas, improvisacións e falta de alternativas”, comeza expoñendo a edil do PSdeG no Concello Alba Iglesias.

Destacan, as e os socialistas, que Ourense, a pesar de ter uns niveis aceptables de calidade do aire, é unha cidade cun uso intensivo do coche privado. E que esta característica non se debe a que xente queira que así sexa, senón a que moitas veces é a única opción que ten “por culpa dun transporte público deficiente e mal conectado”. “Por iso, limitar non chega e hai que ofrecer alternativas, hai que planificar e hai que anticiparse”, incide a concelleira.

Neste senso, advirten de que o grupo municipal socialista non se opón á Zona de Baixas Emisións, pero tampouco consideran oportuno permitir que se implante “ás présas, sen alternativas e sen diálogo”. E destacan, sobre todo, que a eliminación da ORA chega sen unha alternativa que facilite a transición a un cambio de modelo que debería estar suxeito a condicións determinadas. Entenden como fundamental que a revisión da ORA quede supeditada á aprobación previa polo Pleno dunha nova planificación de estacionamento, baseada no PMUS de 2019 e actualizada.

Ademais, piden unha nova redacción da disposición derrogatoria para que non se poida eliminar a ORA sen delimitación e posta en marcha de zonas disuasorias, medidas para garantir a rotación comercial, un informe económico-financeiro do seu impacto e un cronograma de execución e avaliación. “O grupo municipal do PSdeG non se opón a revisar ou transformar este servizo, pero si a facelo sen plan, sen informes e sen consenso. Exiximos un marco técnico, económico e normativo sólido, que garanta unha mobilidade sostible, equilibrada e útil para toda a cidade”, aclara a edil.

Reivindican, así mesmo, un Urbanismo que transforme, que coide e que planifique fronte ao que vén facendo o executivo de Gonzalo Pérez Jácome nos últimos anos. “Esta ordenanza vai de como nos imos mover nos próximos anos e nós queremos que Ourense camiñe cara adiante, non cara o caos”, critica a socialista. Defenden, nesta liña, as e os socialistas que a cidade merece un modelo serio e moderno, con máis transporte público, máis zonas verdes, máis carrís bici e máis espazo para as persoas. “Non queremos menos coches por prohibición, senón por convicción”, remata Iglesias.

Por outra banda, tamén introduciron emendas aos articulados que abordan a implantación da ZBE para que se faga por fases, cun calendario claro que recolla períodos de adaptación e campañas informativas para que non se sancione ás persoas sen explicar primeiro os cambios. Ademais, reclaman que a información sexa trasladada de forma clara e accesible en galego, castelán e inglés, con pictogramas e campañas públicas.

Tamén propoñen, por exemplo, que se recolla a posibilidade de establecer Zonas de Espacial Sensibilidade (ZES) dentro da ZBE co fin de protexer a saúde dos sectores de poboación máis vulnerables como nenos e nenas (contornas escolares), personas maiores (residencias da terceira idade) ou centros sanitarios. Así como que se elabore un rexistro público de vehículos autorizados: para que atransparencia sexa total respecto a sobre quen pode circular e por que.

Enviamos enlace ao audio con declaracións da edil do PSdeG Alba Iglesias:

https://drive.google.com/file/d/1Bw7fSED-VDVuxYogc-EWpxShQAR7uJCV/view?usp=sharing