A Deputación adícalle xuño ás mulleres rurais, personificadas nas de Arnuide, dentro da campaña “8M, mes a mes”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A Área de Igualdade da institución provincial quere destacar a importancia do asociacionismo entre mulleres, especialmente nas zonas rurais. Por iso, adícaselle a este colectivo feminino de Vilar de Barrio, baixo o lema: “Mulleres que falan, legados que viven”

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Ourense, 6 xuño de 2025.

A Área de Igualdade da Deputación Provincial, continuando co programa “8M, mes a mes”, pretende destacar a importancia do asociacionismo entre mulleres, especialmente, nas zonas rurais. Por iso, adícalle o mes de xuño á asociación de “Mulleres rurais de Arnuide”, de Vilar de Barrio, baixo o lema: “Mulleres que falan, legados que viven”.

A deputada de Igualdade, Teresa Barge, adicoulles unhas palabras a este grupo: “No corazón da nosa terra, alí onde a memoria se garda nas corredoiras e nos muros centenarios, erguédesvos vós, mulleres valentes do rural. Sodes o latexo vivo que se nega a deixar morrer o noso legado, a forza silenciosa que, pedra a pedra, devolve a alma ao noso patrimonio.” Ademáis, asistiu a última “Xornada dos nosos maiores de Arnuide” e comprobou in situ o labor destas mulleres rurais.

A asociación de mulleres de Arnuide ten unha antigüidade de dous anos, nos que leva realizado actividades como por exemplo dúas andainas, así como dúas homenaxes aos seus maiores. Neste evento xúntanse un gran número de maiores da contorna para compartir vivenzas e facerse compaña. Unha gran labor centrada na socialización das persoas maiores que viven en zonas rurais.

A directiva da asociación deixa claro o seu interese por promover as xuntanzas veciñais e restaurar patrimonio cultural do pobo. “O noso interese é manter e recuperar a nosa cultura e tradicións, por iso, acabamos de solicitar unha subvención para rehabilitar o noso forno centenario e realizar ademais proxectos que temos en mente para dar vida ao noso pobo”.