Eladio Santos resalta que a especialización das unidades da Garda Civil é “un piar imprescindible” na resposta eficaz ante situacións complexas

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Barbadás (Ourense), 8 de xuño de 2025.- O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, resaltou esta mañá que a especialización das unidades da Garda Civil é “un piar imprescindible” na resposta eficaz ante situacións complexas,xa que aporta un coñecemento técnico insubstituíble”, tal e como se demostrou no exercicio dinámico organizado pola Comandancia de Ourense no centro comercial Carrefour de Barbadás.

O exercicio de coordinación, que simulou unha ameaza terrorista, contou coa participación das seguintes unidades da garda Civil: Agrupación de Tráfico, Seguridade Cidadá, USECIC, GEDEX, UCE detector de explosivos, Unidade Aérea, GRS número 7, UOPJ e o Grupo de Información de Comandancia (GIC). Tamén colaboraron a Policía Local de Barbadás, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e médicos forenses e autoridades xudiciais.

“Hoxe asistimos a un exercicio de enorme valor operativo e simbólico, que pon de manifesto o compromiso das nosas institucións coa seguridade e a preparación ante situacións de risco real”, subliñou Eladio Santos despois de presenciar a simulación, que consistiu nun ataque perpetrado por tres individuos con armas de fogo y armas brancas.

Neste sentido, destacou que é tan importante a especialización como a coordinación. “Só mediante a colaboración fluída e planificada entre as distintas unidades da Garda Civil e tamén entre os diferentes corpos de seguridade e servizos de emerxencia podemos facer fronte a ameazas graves, como as de carácter terrorista, con rapidez e profesionalidade”, remarcou.

Ao respecto, o subdelegado do Goberno en Ourense felicitou ao tenente coronel xefe da Garda Civil de Ourense, Rafael Berguillo, pola organización dun exercicio tan esencial. “A Comandancia de Ourense demostra unha vez máis a súa profesionalidade e o seu compromiso coa cidadanía que protexe en 91 concellos da provincia”, sostivo.

Así mesmo, expresou o seu agradecemento á Policía Local de Barbadás, ás autoridades xudiciais e ao equipo de Urxencias Sanitarias-061. “A súa participación foi indispensable para dar realismo e eficacia ao exercicio, demostrando unha vez máis que a seguridade é unha tarefa colectiva”,sinalou.