O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o presidente de Renfe, Isaías Táboas, asinaron hoxe en Fitur un novo convenio de colaboración que facilitará o acceso de todos os cidadáns españois aos sete balnearios da provincia que participan no programa de Termalismo Social. Un documento que este ano incorpora como principal novidade a nova liña de Alta Velocidade desde Madrid, así como a ligazón coa maioría de capitais de provincia polas que discorren os trens AVE.
A inclusión do AVE no convenio, asegurou Manuel Baltar, tradúcese en “un termalismo de Alta Velocidade que aproxima Ourense á capital de España e, á súa vez, ao resto de capitais do mundo, grazas a un proxecto pioneiro e referente en toda Europa que incorpora un medio de transporte como o tren para promover un aspecto tan sensible como é o coidado da saúde a través de nosas augas mineromedicinales”
O presidente da Deputación celebrou un novo acordo “co que a provincia termal de Europa que é Ourense seguirá conectada con 40 cidades a un só só click, e onde grazas á administración electrónica calquera persoa poderá ter adxudicada en segundos una das prazas habilitadas nos sete balnearios ourensáns para estancias e tratamentos termais”.
Simplemente desde a administración electrónica provincial, os usuarios poderán integrar na súa solicitude de estancia termal o desprazamento en tren desde a maioría de capitais de provincia de España, que inclúe ademais o transporte desde a estación de Ourense ata o balneario e viceversa. Os desprazamentos dentro desta modalidade do programa termal realizaranse todos os luns e a volta os sábados. As quendas desta modalidade do programa termal comezarán no primeiro trimestre do ano, pero as solicitudes ao mesmo poderanse realizar xa desde finais de xaneiro.
AVE Termal de fin de semana
Todas as liñas que enlacen coa conexión Madrid-Ourense, así como os cidadáns que teñan como punto de partida a propia estación de Chamartín, poderán beneficiarse da redución de tempos que ofrece a Alta Velocidade.
A modalidade AVE Termal de fin de semana entrará en funcionamento o sábado día 29, pero xa desde o vindeiro luns, día 24, poderanse solicitar as prazas, que inclúen o desprazamento de ida e volta neste tren, o que permitirá que unha persoa que salga de Madrid ás 10,00 horas poida estar xa ás 13,00 horas recibindo o seu tratamento no balneario.
O programa inclúe a mobilidade a demanda, que implica que un vehículo estará a esperar ao usuario na estación de Ourense ás 12,15, hora de chegada do AVE, para o seu traslado directo ao balneario, estancia que inclúe pensión completa e unha experiencia enoturística ou doutra natureza en función da época do ano. A volta realizarase o domingo permitindo que os participantes cheguen á capital de España ás 20,18 horas, despois de gozar dunha fin de semana termal de descanso, saúde e experiencias turísticas.