No concello de Maside: Bases para a contratación de 3 socorristas acuáticos nas piscinas municipais A Rañoa

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

CONVOCATORIA E BASES PARA A CONTRATACIÓN DE TRES (3) SOCORRISTAS ACUÁTICOS (CNO 59921017), DESTINADOS AO SERVIZO DE VIXILANCIA E SALVAMENTO DURANTE A TEMPADA DE VERÁN NAS PISCINAS MUNICIPAIS A RAÑOA
Subvención para a prestación do servizo de vixilancia, rescate e salvamento por medio do procedemento PR460D
O Concello de Maside solicitou unha subvención ao abeiro da Orde do 27 de xaneiro de 2025,
da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, pola que se establecen as bases que regulan as subvencións para a prestación do servizo de vixilancia, rescate e salvamento nos espazos acuáticos naturais e instalación acuáticas descubertas para o ano 2025 (código de procedemento PR460D).
No marco desta convocatoria, solicitouse axuda para contratar a tres (3) socorristas acuáticos
(CNO 59921017), destinados ao servizo de vixilancia e salvamento durante a tempada de verán nas piscinas municipais A Rañoa. A duración prevista da contratación abrangue desde o 27 de xuño ao 14 de setembro de 2025, ambos incluídos.
De acordo co establecido na orde, é requisito imprescindible estar inscrito/a como demandante
de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG) e figurar como persoa candidata
dispoñible para ocupar postos de socorristas acuático.
As bases do proceso de selección e o resto de documentación relacionada estarán dispoñibles
para a súa consulta na sede electrónica do Concello de Maside (https://maside.sedelectronica.gal/)
e no taboleiro de anuncios da Casa Consistorial do Concello.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO