Comunicado da Fundación Manuel Maria de estudos galegos e a Federación de asociacións culturais Galiza Cultura
Un ano máis a Fundación Manuel Maria de estudos galegos e a Federación de asociacións culturais Galiza Cultura, desenvolverán o Convivio da Cultura Galega. E como en ocasións anteriores queremos celebralo, desta volta na súa XII edición, coa participación do conxunto do tecido cultural galego. Deste xeito, achegamos o convite a esta data de celebración que une ao tecido cultural de base nunha festa anual, que para este ano 2025 será o vindeiro sábado 12 de xullo a partir da 11 horas.
A xornada desenvolverase coa seguinte programación:
– 11.15 horas, acollida na horta da Casa-Museo Manuel María (rúa F, 2, Outeiro de Rei) coa coral Solfa da Asociación Cultural e Musical.
– 11.45, horas, saída a pé para a carballeira de Santa Isabel con parada no cemiterio de Outeiro para realizar a ofrenda a Manuel María e Saleta.
– 12.30, horas, actuación na carballeira da Banda de Música Sons e Soños de Rábade, Begonte, Outeiro e Friol, dirixida por Armando Morales, e acompañada por Branca Villares.
– 13.45, horas, xantar de convivio.
– 16:30 horas, foliada conducida por Xurxo Souto coas actuacións de Reviravolta, Foliadeir@s do Castro, Mestura de Nete, Música na Eira, Tradivivas Agra e Parabéns,.
Por razóns obvias de loxística e infraestrutura precísase coñecer coa antelación suficiente (antes do sábado 5 de xullo) o número de persoas previstas por cada asociación que teñan prevista a súa participación. Non é necesario saber un número exacto mais si aproximado.
Encontro do asociacionismo cultural de base.
Por outro lado, e como vén sendo habitual, as directivas das entidades pertencentes á Federación manteremos a nosa reunión anual desde ás 12.15 horas no auditorio da Casa-Museo Manuel María para articular a nosa actuación en común. A esta reunión están convocadas todas as asociacións actualmente federadas, podendo participar como ouvinte toda aquela outra que quixer facelo e á que lle trasladamos convite a través do presente correo.
En vindeiras datas será achegada a orde do día desta reunión.
Coma sempre agradecer a vosa participación a este evento que reúne ao tecido cultural do país así como o voso labor en espallar o convite entre as vosas persoas socias e amigas.
Quedando ao voso dispor para aclarar calquera cuestión, moitas grazas e saúdos.