Os participantes na ‘Andaina Solidaria Festa do Pan’ poderán admirar o vindeiro domingo a paisaxe natural de Cea

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

San Cristovo de Cea acollerá o vindeiro domingo, 29 de xuño, unha nova edición da “Andaina Solidaria Festa do Pan de Cea”, con dous percorridos por paraxes naturais do municipio, un longo de 22 quilómetros e outro curto de 11 quilómetros e con saídas respectivas ás 9,00 e 10,00 horas da Praza Maior da vila.

As inscricións para participar deben facerse mediante o ingreso de 8€ nunha conta bancaria e o envío do xustificante ao teléfono 672.122.300 ou ao correo ‘andaina@concellodecea.com’, tendo en conta que o prazo para anotarse remata o vindeiro venres, 26 de xuño. A organización porá á disposición dos participantes avituallamentos en ambos percorridos e tamén un servizo de duchas no pavillón de deportes de Cea ao remate da andaina.

Os inscritos no evento terán a oportunidade de participar nun sorteo de agasallos das entidades patrocinadoras: IXP Pataca de Galicia, DOP Queixo Arzúa-Ulloa, DOP Queixo Tetilla e Vella Abella Mel Autóctona, e de degustar unha tapa destes produtos galegos de calidade.