Ourense, 02 de xullo de 2025.- O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, mantivo un encontro na sede da Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA), no Barco de Valdeorras, co seu novo presidente, Carlos Manuel Terán, ao que desexou unha etapa exitosa na responsabilidade que acaba de principiar.
Na reunión, o delegado territorial trasladoulles aos membros da directiva da entidade, o compromiso da Xunta a prol da defensa dos intereses dos empresarios asociados que traballan polo desenvolvemento socio-económico da comarca de Valdeorras.
PUBLICIDADE
---------------------------------------------------------------------------------------------------